Ruta polos muíños

Roteiro polos muíños de Couso


Esta ruta é unha iniciativa da Comunidade de Montes de Couso e o Instituto de Estudos Miñoranos, para por en valor o patrimonio etnográfico dos muíños e a súa contorna modelada pola veciñanza perante séculos de traballo e convivencia harmónica coa natureza.

Mulleres labregas da parroquia de Couso a principios do século XX.

As xentes labregas foron quen de facer produtivas as mellores terras e ir mellorando as tecnoloxías. A forza da natureza que levaba por diante o traballo de anos foi sendo dominada. Os socalcos, as ribeiras encaixadas en muros de perpiaño ou cachote, as pontellas e pontes, as levadas para regar ou para os muíños, ou estes mesmos son testemuñas de traballos seculares e dos avances técnicos.


Roteiro dos Muíños de Couso.
Lonxitude: 9,3 Km
Tempo estimado: 3,5 horas
Dificultade: media.