xoves, 10 de xullo de 2014

A compañía Xesta Vermella porá en escena “Doutor de cabeceira” na Casa Veciñal de Couso.



Doutor de cabeceira (Xesta Vermella)

A compañía Xesta Vermella (Borreiros) porá en escena Doutor de cabeceira. A peza teatral, autoría de Antonio Florencio Fortes González. A función terá lugar o vindeiro sábado 12 de xullo ás 21 horas na Casa Veciñal de Couso.
A compañía A Xesta Vermella destaca pola súa capacidade de espallar diversión e alegría dende o escenario. Está integrada por veciños de San Martiño de Borreiros no ámbito do seu centro cultural. A pouco de formarse presentaron o Doutor de cabeceira o pasado 7 de xuño cun cheo total das instalacións do CC Borreiros. Este sábado poderemos gozar da obra na Casa Veciñal de Couso

Entrevista de Gondomar.tv aos integrantes de Xesta Vermella


Ningún comentario:

Publicar un comentario