Roteiro polos muíños de Couso |
Esta ruta é
unha iniciativa da Comunidade de Montes de Couso e o Instituto de Estudos
Miñoranos, para por en valor o patrimonio etnográfico dos muíños e a súa
contorna modelada pola veciñanza perante séculos de traballo e convivencia
harmónica coa natureza.
Mulleres labregas da parroquia de Couso a principios do século XX. |
As xentes
labregas foron quen de facer produtivas as mellores terras e ir mellorando as
tecnoloxías. A forza da natureza que levaba por diante o traballo de anos foi
sendo dominada. Os socalcos, as ribeiras encaixadas en muros de perpiaño ou
cachote, as pontellas e pontes, as levadas para regar ou para os muíños, ou
estes mesmos son testemuñas de traballos seculares e dos avances técnicos.
Roteiro dos
Muíños de Couso.
Lonxitude:
9,3 Km
Tempo
estimado: 3,5 horas
Dificultade:
media.