Amosando publicacións coa etiqueta Xeiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xeiras. Amosar todas as publicacións

mércores, 8 de maio de 2013

O CEIP Chano Piñeiro (Gondomar) visita a ruta arqueolóxica



Visita do CEIP Chano Piñeiro aos montes de Couso



O pasado sábado 4 de maio gozamos dunha fermosa xeira cos cativo do CEIP Chano Piñeiro na que percorremos a ruta arqueolóxica que comeza no Alto de San Antoniño. Coa colaboración da ANPA Pousa de Fontán, visitamos os petróglifos da estación do Sobral, o Castro do Facho e o conxunto de mámoas espalladas polo monte coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar e o profesor Xilberte Manso.

Como sempre, animamos aos centros de ensino, colectivos e público en xeral a visitar esta ruta pola prehistoria do Val Miñor.

venres, 3 de maio de 2013

Xeira cos alumnos do CEIP Chano Piñeiro pola ruta arqueolóxica.




Petróglifo do Sobral

Este sábado 4 de maio a partir das 17 horas, os alumnos do CEIP Chano Piñeiro (Gondomar), participarán dunha andaina polos xacementos arqueolóxicos localizados en terras da Comunidade de Montes de Couso. Coa guía dos especialistas do Instituto de Estudos Miñoranos, o arqueólogo Xosé Lois Vilar e mais o profesor Xilberte Manso, percorrerán unha ruta que permite visitar as pegadas da prehistoria miñorana, entre mámoas, petróglifos e castros diseminados ao longo do monte.

A xeira comezará no miradoiro de San Antoniño, desde onde contemplarán fermosas vistas do Val Miñor e a Ría de Vigo. Posteriormente visitarán o conxunto “O Sobral” de arte rupestre, os restos do Castro do Facho e a estación de enterramentos tumulares das Mámoas do Outeiro da Pipa.

Neste entorno histórico – natural,  os escolares tamén terán contacto con algunhas das iniciativas que en materia de produción e repoboación forestal está a practicar a organización comunal, como as plantacións de cogomelos e os soutos de castiñeiros .

A andaina está organizada polos pais e nais agrupados na ANPA Pousa de Fontán en coordinación coa Comunidade de Montes de Couso e o Instituto de Estudos Miñoranos.