Petróglifo do Sobral |
Este sábado
4 de maio a partir das 17 horas, os alumnos do CEIP Chano Piñeiro (Gondomar),
participarán dunha andaina polos xacementos arqueolóxicos localizados en terras
da Comunidade de Montes de Couso. Coa guía dos especialistas do Instituto de
Estudos Miñoranos, o arqueólogo Xosé Lois Vilar e mais o profesor Xilberte
Manso, percorrerán unha ruta que permite visitar as pegadas da prehistoria
miñorana, entre mámoas, petróglifos e castros diseminados ao longo do monte.
A xeira
comezará no miradoiro de San Antoniño, desde onde contemplarán fermosas vistas
do Val Miñor e a Ría de Vigo. Posteriormente visitarán o conxunto “O Sobral” de
arte rupestre, os restos do Castro do Facho e a estación de enterramentos
tumulares das Mámoas do Outeiro da Pipa.
Neste
entorno histórico – natural, os
escolares tamén terán contacto con algunhas das iniciativas que en materia de
produción e repoboación forestal está a practicar a organización comunal, como
as plantacións de cogomelos e os soutos de castiñeiros .
A andaina
está organizada polos pais e nais agrupados na ANPA Pousa de Fontán en
coordinación coa Comunidade de Montes de Couso e o Instituto de Estudos
Miñoranos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario