venres, 12 de agosto de 2016

Xornadas sobre o monte como "dinamizador da economía local".





A Comunidade de Montes de Couso participa nas xornadas que organizan a Universidade de Vigo  en colaboración coa Concellería de Emprego do concello de Gondomar. A mesma  terá como motivo central o intercambio sobre o monte como elemento dinamizador da economía local-


martes, 1 de marzo de 2016

A Universidade asina dous convenios coa CMVMC de Couso, en Gondomar

Salustiano Mato e Xosé Antón Araúxo tras a sinatura do convenio
Desenvolvemento de proxectos de investigación; organización de cursos, conferencias, simposios e seminarios; apoio a investigadores e estudantes; colaboración en proxectos culturais de interese común... A Universidade asinou este luns dous convenios de colaboración coa comunidade de montes da parroquia de Couso en Gondomar, un acordo marco xeral que promove a colaboración entre ambas entidades e outro específico para a posta en marcha de diferentes accións de I+D colaborativo no ámbito da sustentabilidade social e ambiental na xestión do monte comunal.
O reitor, Salustiano Mato, e o presidente da CMVMC de Couso, Xosé Antón Araúxo, foron os encargados de rubricar o acordo, un acto no que tamén se contou coa participación do profesor da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Xavier Simón Fernández, investigador principal de GIEEA, o grupo de investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía, a través do cal se xestionará esta colaboración.

xoves, 18 de febreiro de 2016

Artigo de prensa sobre o cultivo das setas shiitake nos montes de Couso

Captura nota Faro de Vigo 29-12-2015
"El Leader hizo realidad 21 proyectos ejecutados por comunidades de montes, como la de Couso, con plantación de setas shiitake. Las entidades públicas se beneficiaron en sus iniciativas "generando sinergías empresarias", señala la presidenta. Fueron nueve los proyectos ejecutados por Concellos, entre ellos la senda del río Miño que llevó a cabo el Concello de Tomiño. Se culminaron ocho iniciativas promovidas por entidades sin ánimo de lucro."

Para ler o artigo completo preme aquí

Rastrexo