xoves, 26 de decembro de 2013

Intervención da MVMC de Couso no curso “A explotación multifuncional do monte.”



Durante os días 3, 4 e 5 de outubro de 2013 tivo lugar o curso “A explotación multifuncional do monte. Contribución ao desenvolvementorural”, organizada pola Universidad Internacional Menéndez Pelayo e o Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, en Gondomar.
Esta actividade congregou á comunidade preocupada polo futuro dos montes do país -con máis de cincuenta participantes-, que participaron de nove palestras dirixidas por diversos especialistas provenientes das tres universidades de Galicia e diversos centros de investigación.
Neste evento formativo, a Comunidade de Montes de Couso foi convidada para expoñer o seu modelo de traballo que os organizadores presentaron como exemplo dunha orientación multifuncional da explotación dos recursos dos montes en mans común, baixo o título: “MVMC de Couso: Un modelo de aproveitamento multifuncional do monte”.
A continuación compartimos o vídeo da nosa intervención así como o conxunto de achegas desenvolvidas durante o curso e recollidas na web do Instituto de Estudos Miñoranos.





http://explotaciondosmontes.blogspot.com.es/

Ningún comentario:

Publicar un comentario