mércores, 11 de marzo de 2015

I Xornada "NOSO AMBIENTE " no Auditorio de Nigrán






*I Xornada NOSO AMBIENTE para veciñanza no Val Miñor, dinamizada por Proxecto Montenoso e coa proxección do Documental "Tesouro de Corcoesto".

Data: *Venres 13 de 18:00 a 23:00 horas no Auditorio (Salón de Usos Múltiples) de Nigrán.*

Co-organizan: Cooperativa Galiza Imaxinaria, C.M.V.M.C.Camos, C.M.V.M.C.  Couso, Proxecto Montenoso, Casa Colorida, Alg_a Lab.

Estas xornadas están orientadas a toda a veciñanza do Val Miñor e arredores da comarca que estén preocupadas polo medioambiente e a súa sustentabilidade.
O fío conductor da xornada son as Comunidades de Montes, por seren as institucións que máis directamente xestionan e coidan os nosos montes, mais sobre todo estas
xornadas son para que a cidadanía en xeral, se achegue ao coñecemento, disfrute, autorresponsabilidade, debate e pensamento colectivo sobre este Ben Común.

*18:00h: Breve presentación do Proxecto MonteNoso e dinámica coletiva entre Comunidades de Montes*.

A Xornada comeza coa presentación do Proxecto Montenoso  onde as persoas asistentes, e principalmente as pertencentes ás comunidades de montes que se
acheguen a este evento, poderán participar nunha dinámica colectiva e roda de recoñecemento do propio modelo de organización en man común, a través dunha
dinamización que nos facilitará Fran Quiroga, unha das persoas que coordinan este proxecto que visibiliza e dinamiza os montes veciñais e as comunidades que
os xestionan, traballando pola (re)apropiación destes montes por parte dxs veciñxs que os habitan.

*19:30h: **Pausa/Café *

*20:00h: Proxeción Documental "Tesouro de Corcoesto".*

Os promotores deste documental comenzaron facelo cando souberon dos plans de facer unha mina de ouro a ceo aberto con tratamento de cianuro en plena
Costa da Morte, unha das técnicas mineiras máis agresivas das practicadas no mundo.
*Unha estratexia empresarial opaca, unha política entreguista, unha poboación deprimida económicamente e polarizada en torno a un si ou non á mina, a alarma
ecoloxista e un activismo cidadán urxente e efectivo que conseguíu o que non se prevía: parar a mina. Todo isto inspirou a realización de Tesouro de
Corcoesto.*O documental pretende ser unha ferramenta para a reflexión e o debate perante un modelo de desenvolvemento que víu propoñer o actual goberno da Xunta
de Galicia. Un modelo que ten o lema “Galicia é unha mina”, e do cal Corcoesto sería o primeiro e máis senlleiro exemplo.
*Tesouro de Corcoesto é unha longametraxe documental de produción independente, respaldado polo micromecenado de 180 persoas e asociacións.

*21:30H: Pausa/Café *

*22:00h: Debate dos/as asistentes á xornada xunto con Cora Peña, autora de "Tesouro de Corcoesto".*

Acompañarán nos intermedios desta xornada o*Trio Folk do Val Miñor *formado por  Jose casal (Flauta), Samuel Soto (Bouzouki) e Louis Vásquez Vargas (Flauta).

*Nota: *Ao longo desta xornada, o equipo de documentaciònde Galiza Imaxinaria, fará unha *relatoría dos debates, reflexións e propostas sobre monte,
medioambiente e sustentabilidade*, que logo publicará en aberto na prensa e nas redes sociais, enviará por mail a quen deixe o contacto e  tratará o máis
posible de facer chegar o resultado este esforzo de intelixencia colectiva deste venres ás administracións públicas da Comunidade de Galiza.

Vémonos no NOSO AMBIENTE!

Ningún comentario:

Publicar un comentario